martes, 19 de decembro de 2023

MINIHORTOS

 Como xa sabedes, cada 15 días lévase a cabo no centro os VENRES CREATIVOS onde o alumnado do López Ferreiro desfruta dun obradoiro impartido polo profesorado.

Un deses obradoiros está relacionado co medioambiente e chámase Horto, onde facemos pequenos hortos que imos colocando en diferentes zonas do colexio, para seguir co obxectivo do curso, que é facer verde o López Ferreiro.

Aquí tedes algunhas fotos.


Empezamos coñecendo as plantas que temos e que irmos poñer no horto.


Botamos a terra








Poñemos as plantas. É importante que o alumnado elixa o lugar onde colocamos cada unha delas... é o seu horto .


Sempre axudando…

Resultado final





luns, 18 de decembro de 2023

Plantas polo cole.


Empezamos a poñer verde a escola: 😊

Dentro do recinto escolar estamos colocando diferentes plantas para que todos e todas iniciemos  a convivir con elas, tanto nos corredores dos diferentes andares, na dirección do centro, nas escaleiras e nas aulas…
Sempre contando coa axuda do alumnado para que comprendan a importancia de estar rodeados de verde e amosarlles os coidados  básicos da convivencia coas plantas.


O alumnado de infantil, colocou diferentes flores e plantas nas escaleiras que baixan  ao patio acristalado.




As esquinas  verdes comezan a verse  no López Ferreiro

 




Con xardineiras moi orixinais.



Os alumnos tamén traen plantas para compartir nas aulas.


Todos participamos.




Plantas nas fiestras de infantil.



En dirección tamén as podedes ver.







 

xoves, 14 de decembro de 2023

Empezamos

 Empezamos cun novo blog sobre o medioambiente na escola.

Este ano estamos a participar no Plan Proxecta+, ESCOLA VERDE, unha iniciativa da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade en colabroración coa Vicepresidencia segunda y Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A través deste blog imos  mostrar todas as actividades que fagamos durante este curso 23-24.

                           

O obxectivo principal é poñer verde a nosa escola! Estamos rodeados/as de natureza, pero dentro do recinto escolar apenas temos espazos  verdes… polo que este curso iniciamos un proceso de cambio que esperemos que dure moitos anos.

O horto leva connosco uns anos e cada vez está máis presente na vida do alumnado.

 Este curso iniciamos a proposta dos AXUDANTES E AXUDANTAS DO HORTO nos cursos de 3º e 5º, o alumnado está moi implicado e entre todos e todas axudaremos a poñer verde a escola.







Traballos sobre a AUGA.

Durante o curso 23-24 tivemos a auga como tema anual. Dende a biblioteca propuxéronse moitos traballos para facer nas aulas. Aquí vos most...