Como xa sabedes, cada 15 días lévase a cabo no centro os VENRES CREATIVOS onde o alumnado do López Ferreiro desfruta dun obradoiro impartido polo profesorado.
Un deses obradoiros está relacionado co medioambiente e chámase Horto, onde facemos pequenos hortos que imos colocando en diferentes zonas do colexio, para seguir co obxectivo do curso, que é facer verde o López Ferreiro.
Aquí tedes algunhas fotos.
Empezamos coñecendo as plantas que temos e que irmos poñer no horto. |
Botamos a terra |
Poñemos as plantas. É importante que o alumnado elixa o lugar onde colocamos cada unha delas... é o seu horto .
Sempre axudando… |
Resultado final |
Ningún comentario:
Publicar un comentario