xoves, 14 de decembro de 2023

Empezamos

 Empezamos cun novo blog sobre o medioambiente na escola.

Este ano estamos a participar no Plan Proxecta+, ESCOLA VERDE, unha iniciativa da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade en colabroración coa Vicepresidencia segunda y Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A través deste blog imos  mostrar todas as actividades que fagamos durante este curso 23-24.

                           

O obxectivo principal é poñer verde a nosa escola! Estamos rodeados/as de natureza, pero dentro do recinto escolar apenas temos espazos  verdes… polo que este curso iniciamos un proceso de cambio que esperemos que dure moitos anos.

O horto leva connosco uns anos e cada vez está máis presente na vida do alumnado.

 Este curso iniciamos a proposta dos AXUDANTES E AXUDANTAS DO HORTO nos cursos de 3º e 5º, o alumnado está moi implicado e entre todos e todas axudaremos a poñer verde a escola.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

AXUDANTES E AXUDANTAS DO HORTO

 TODOS OS RECREOS DOS MARTES E XOVES, ALUMNOS DE 3º E 5º AXUDAN A REGAR TODAS AS PLANTAS  DO COLE E CANDO O TEMPO O PERMITE TRABALLAR NO HOR...