luns, 24 de febreiro de 2025

SAÍDA AO ACUARIO, MUNCYT E A CASA DAS CIENCIAS.

 30 de xaneiro, o alumnado de 5º de Primaria foi a cidade da Coruña a visitar tres interesantes museos:

O MUNCYT, cuxa principal finalidade é a promoción do coñecemento e a cultura científica.
O Aquarium Finisterrae, que ten como obxectivo prioritario fomentar o coñecemento do océano e actitudes de respecto e agarimo cara ao mar e a vida mariña.
A Casa das Ciencias, que conta cun planetario e tes plantas de exposicións con módulos interactivos. Na planta baixa, hai una incubadora de pitiños cunha temperatura e humidade que permiten que as crías se desenvolvan por completo e logren romper a cáscara do ovo e, tras un breve descanso, camiñar, alimentarse e beber dun xeito autónomo. Os pitiños que nacen, repártense entre as granxas locais a través dunha empresa de educación ambiental.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

PROXECTO FERREIRO EN VERDE