O Horto do Ferreiro
martes, 17 de xuño de 2025
domingo, 23 de marzo de 2025
O XARDÍN DO FERREIRO
SEMPRE RENACE
NO CORAZÓN DO INVERNO
A PRIMAVERA.
HELENA VILLAR JANEIRO, POESÍA MÍNIMA
sábado, 15 de marzo de 2025
CÁNTOS OUTONOS E LONGOS INVERNOS ...
CÁNTOS OUTONOS E LONGOS INVERNOS
PASANDO A OLLADA -ESPELLO A ESPELLO-
DA COOR DOS TEUS OLLOS Á COOR DO UCEDO!
UXÍO NOVONEYRA, OS EIDOS
Así falaba Uxío Novoneyra da súa amiga María Mariño. No xardín do Ferreiro, as cores anuncian que o inverno vai despedíndose, a PRIMAVERA chama con forza! Estamos esperándote con ledicia e con moitas gañas de verte! 21 de marzo. Renaceremos?
luns, 24 de febreiro de 2025
SAÍDA AO ACUARIO, MUNCYT E A CASA DAS CIENCIAS.
O 30 de xaneiro, o alumnado de 5º de Primaria foi a cidade da Coruña a visitar tres interesantes museos:
O MUNCYT, cuxa principal finalidade é a promoción
do coñecemento e a cultura científica.
O Aquarium Finisterrae, que ten como obxectivo
prioritario fomentar o coñecemento do océano e actitudes de respecto e agarimo
cara ao mar e a vida mariña.
A Casa das Ciencias, que conta cun planetario e
tes plantas de exposicións con módulos interactivos. Na planta baixa, hai
una incubadora de pitiños cunha temperatura e humidade que permiten que as
crías se desenvolvan por completo e logren romper a cáscara do ovo e, tras un
breve descanso, camiñar, alimentarse e beber dun xeito autónomo. Os pitiños que
nacen, repártense entre as granxas locais a través dunha empresa de educación
ambiental.
luns, 10 de febreiro de 2025
POLA CANDELORIA METADE DO INVERNO FÓRA E SE CHOVE E FAI VENTO, METADE FÓRA E METADE DENTRO.
O 2 de febreiro é a festa das Candeas, o día do ano que casan os paxariños. Coñecedes algún refrán relativo a este acontecemento?
“Pola Candeloria casan os paxariños e maila a galiñola” “Pola Candeloria ningunha ave voa soa”.
Se vos cadra de pasar polo patio de columnas despois da hora de merendar poderedes observar a un par de pegas buscando algunha faragulla dos vosos bocadillos para levar aos seus peteiros. Non fagades moito alborozo se vos interesa velos en acción. Xa queda menos para a chegada da primavera! A metade do inverno vai fóra!
![]() |
A pega é unha das aves máis intelixentes. |
Como curiosidade a pega ten o seu córtex cerebral aproximadamente a mesma en tamaño relativo que a do cerebro dos chimpancés, gorilas, orengutáns e humanos. O corveo característico das pegas consiste nunha serie máis ou menos rápida de berros. Este son sérvelle de voz de alarma e ameaza para defender o seu territorio de cría. Os exemplares que non están a criar emíteno só en caso de perigo. Come tanto alimento animal como vexetal, Consome insectos e as súas larvas, arácnidos, vermes e caracois. Pode capturar vertebrados de ata o talle dun rato, lagartos, anfibios, paxaros pequenos. En outono froitas, sementes e cogomelos. Expulsa as partes indixeribles en forma de egagrópilas.
Escoita o seu canto!
-
“O xardín do Ferreiro” cada día loce máis bonito grazas en parte aos coidados da Patrulla Verde así como pola valiosa axuda das xardinei...
-
TODOS OS RECREOS DOS MARTES E XOVES, ALUMNOS DE 3º E 5º AXUDAN A REGAR TODAS AS PLANTAS DO COLE E CANDO O TEMPO O PERMITE TRABALLAR NO HOR...
-
TODAS FACEMOS CIENCIA: María Concepción Sánchez Fernández (Conchi) estivo nas aulas de 3º explicando a importancia de ser científica coma e...