O 2 de febreiro é a festa das Candeas, o día do ano que casan os paxariños. Coñecedes algún refrán relativo a este acontecemento?
“Pola Candeloria casan os paxariños e maila a galiñola” “Pola Candeloria ningunha ave voa soa”.
Se vos cadra de pasar polo patio de columnas despois da hora de merendar poderedes observar a un par de pegas buscando algunha faragulla dos vosos bocadillos para levar aos seus peteiros. Non fagades moito alborozo se vos interesa velos en acción. Xa queda menos para a chegada da primavera! A metade do inverno vai fóra!
![]() |
A pega é unha das aves máis intelixentes. |
Como curiosidade a pega ten o seu córtex cerebral aproximadamente a mesma en tamaño relativo que a do cerebro dos chimpancés, gorilas, orengutáns e humanos. O corveo característico das pegas consiste nunha serie máis ou menos rápida de berros. Este son sérvelle de voz de alarma e ameaza para defender o seu territorio de cría. Os exemplares que non están a criar emíteno só en caso de perigo. Come tanto alimento animal como vexetal, Consome insectos e as súas larvas, arácnidos, vermes e caracois. Pode capturar vertebrados de ata o talle dun rato, lagartos, anfibios, paxaros pequenos. En outono froitas, sementes e cogomelos. Expulsa as partes indixeribles en forma de egagrópilas.
Escoita o seu canto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario