O alumnado de 5º de
primaria asistiu no mes de decembro ao obradoiro
“As aves de Compostela” organizada polo Concello de Santiago no Centro de
interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela en Belvís dentro das
actividades medioambientais programadas para este curso para educación
primaria. O alumnado descubriu a fauna avícola que podemos observar e escoitar en
calquera parque ou xardíns da cidade, as súas características e dificultades
para sobrevivir. Elaboraron comedeiros para que poidan pasar mellor os meses de
escaseza de alimento e os colocaron en diferentes zonas do parque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario