martes, 4 de xuño de 2024

Traballos sobre a AUGA.

Durante o curso 23-24 tivemos a auga como tema anual. Dende a biblioteca propuxéronse moitos traballos para facer nas aulas. Aquí vos mostramos algúns deles.

En  2º traballaron  sobre como plantar unha faba con diferentes tipos de auga para que o alumnado experimente que a auga doce é a que necesitan para vivir.Nin auga salgada nin contaminada.







Outro traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 2º foi SAVE THE OCEAN, onde fixeron distintos traballos de investigación de animais en perigo de extinción pola contaminación do mar.
A partir dun texto os alumnos e alumnas tiñan que responder unhas preguntas para despois facer un video concienciando da realidade que estaban a sufrir diferentes especies, remantando cunha reflexión e posibles iniciativas para mellorar a calidad da auga de mares e oceános.





Os alumnos de 6º fixeron dous traballos moi interesantes:

1º PAPER CHAIN JELLYFISH ( medusas con cadena de papel)
Unha actividade creativa de art and crafts onde se compaxinaron a orixinalidade, a imaxinación e as habilidades motoras, achegandose ao mundo das medusas abordando o tema do quentamento global que influe na súa proliferación nas nosas costas. 




2º CADA GOTA CONTA:
O alumnado traballou nunha campaña publicitaria para promover o consumo responsable da auga. Con cartaz desdeñado en Canva, aprenderon os segredos da publicidade, a forma de comunicación que busca convencernos , e utilizámola para impulsar un bo uso dos recursos hídricos .





Os alumnos de 4º fixeron un traballo sobre o RÍO SARELA. 
Todos participaron e fixeron un traballo moi interesante. 
Aquí tedes o enlace.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Traballos sobre a AUGA.

Durante o curso 23-24 tivemos a auga como tema anual. Dende a biblioteca propuxéronse moitos traballos para facer nas aulas. Aquí vos most...